Monday 23 de September de 2024

Viñetas desde o Atlántico regresa esta semana coas novas iniciativas de ‘Viñetas Inclusivas’


Do 24 ao 27 de setembro, o festival internacional da banda deseñada da cidade da Coruña regresa para estender a súa actividade con novas propostas xunto a colectivos desfavorecidos

Ata o vindeiro 30 de setembro, as exposicións de Viñetas desde o Atlántico 2024 continúan abertas ao público nas diferentes salas municipais da Coruña, mentres que no Kiosco Alfonso, ata o mes de xaneiro de 2025, desenvolveranse novos fitos de ‘Viñetas desde a Escola’

Esta semana, a 27ª edición de Viñetas desde o Atlántico, o Salón Internacional do Cómic da Coruña, organizado polo Concello, regresa á cidade herculina con novas iniciativas xunto a colectivos desfavorecidos no marco de ‘Viñetas Inclusivas’.

A programación arrinca mañá. Do martes 24 ao venres 27 de setembro, ás 18.00 horas, terán lugar as visitas guiadas a cargo de Tonecho Otero co Comité Cidadán Antisida da Coruña – CASCO, tanto a través das exposicións monográficas de Marc Torices e Susanna Martín, como da Expofanzine e a mostra bibliográfica dos Premios Castelao que se sitúan na Sala de Exposicións de Palexco. O concelleiro de Cultura e Turismo do Concello da Coruña, Gonzalo Castro, xunto ao director e Viñetas desde o Atlántico, Manel Cráneo, acompañarán este mércores 25 a visita guiada prevista durante a xornada.

Por outra banda, e tamén o mércores 25, ás 18.30 horas, a Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil de Durán Loriga acollerá o obradoiro interxeracional ‘Viñetas para todo o mundo’, en colaboración con Aspronaga e Dismacor, da man da xornalista especializada en educación e inclusión Sonia Hermida.
Xa como peche, este venres 27 de setembro, ás 18.30 horas, Viñetas desde o Atlántico organiza, tamén na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil de Durán Loriga, a presentación do fanzine Nai dos desterrados, editado por Amnistía Internacional. Trátase dunha publicación orientada a sensibilizar sobre o papel das mulleres nos conflitos bélicos, con viñetas de Lucía Corral, Chano 1
Nota de Prensa

Ripio, Clara Artiaga, Ada Domeque (Empanada), José Nogueira, Xoana Pousa (Cuchiflainas), Ana Pumares e Marta Argüelles, mentres que a portada está firmada por Bea Gregores.
Cómpre lembrar que, en paralelo, e ata o vindeiro 30 de setembro, as exposicións de Viñetas desde o Atlántico 2024 continúan abertas ao público nas diferentes salas municipais da Coruña, mentres que no Kiosco Alfonso desenvolveranse novos fitos de Viñetas desde a Escola ata o mes de xaneiro de 2025.

Desta forma, o Goberno de Inés Rey continúa a impulsar o Viñetas desde o Atlántico, reforzando a súa programación con seccións especializadas que inclúen, por exemplo, temáticas sociais.
AXENDA DE ACTIVIDADES DE ‘VIÑETAS INCLUSIVAS’ Visitas guiadas
Do martes 24 ao venres 27 de setembro, ás 18.00 horas
Sala de Exposicións de Palexco
Visitas guiadas co Comité Cidadán Antisida da Coruña – CASCO, a cargo de Tonecho Otero (actividade pechada ao público).
Visitas guiadas diarias coordinadas polo Comité Ciudadano Antisida de A Coruña – CASCO a través das exposicións monográficas de Marc Torices e Susanna Martín e pola mostra bibliográfica dos Premios Castelao e a Expofanzine, todas na Sala de Exposicións de Palexco.
Obradoiro interxeracional
Mércores 25 de setembro, ás 18.30 horas
Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil de Durán Loriga
Obradoiro interxeracional ‘Viñetas para todo o mundo’, en colaboración con Aspronaga e Dismacor, impartido pola xornalista especializada en educación e inclusión Sonia Hermida (grupo pechado).

Presentación
Venres 27 de setembro, ás 19.00 horas
Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil de Durán Loriga
Presentación do fanzine Nai dos desterrados, editado por Amnistía Internacional (actividade aberta ao público), con viñetas de Lucía Corral, Chano Ripio, Clara Artiaga, Ada Domeque (Empanada), José Nogueira, Xoana Pousa (Cuchiflainas), Ana Pumares e Marta Argüelles. A portada está firmada por Bea Gregores.
En palabras de Amnistía Internacional, “agradecemos moito estar presentes na actividade Viñetas Inclusivas, porque está moi en consonancia cos nosos principios. O noso obxectivo e dar a coñecer o traballo de Amnistía Internacional a través dun espazo innovador e achegar realidades e problemáticas sociais de persoas e países moi diversos a través dunha proposta lúdica e atractiva”.
Este ano queremos sensibilizar sobre o “papel das mulleres nos conflitos bélicos”. O papel das mulleres nas guerras a miúdo está invisibilizado. Os conflitos armados acentúan as diferenzas de xénero. A violencia de xénero e sexual cara a elas agrávase debido á ausencia ou diminución do Estado de dereito, da seguridade, da impunidade dos perpetradores. O coidado dos membros da familia adoita recaer sobre elas, responsabilidades difíciles de soster nestes contextos, onde existe maior pobreza e menos acceso a servizos de saúde, atención materno-infantil, etc.
Amnistía Internacional defende a necesidade de previr ou poñer fin á violencia contra as mulleres, a obrigación de levar aos perpetradores perante a xustiza, de brindar reparación ás sobreviventes e promover a participación das mulleres nos procesos de paz. A organización sostén que estas medidas son pasos fundamentais cara a un futuro onde as mulleres deixen de ser obxectos de guerra para converterse en axentes de paz. O logro deste futuro está nas nosas mans”.

Deja un comentario